Benvida

Falar de Galicia é, en boa medida, falar de mar, un dos grandes valores do noso territorio pois define a nosa forma de ser.

É un piar na nosa economía, como demostra o feito de que o 90% das ramas da actividade galega teñan relación co sector marítimo-pesqueiro. Tamén da nosa cultura, pois marca o modo de vida nas zonas costeiras da comunidade, deixando un gran acervo material e inmaterial que forma parte da nosa idiosincrasia. 

Un medio do que viven milleiros de familias en Galicia xa sexa a través da pesca, o marisqueo, a acuicultura ou a transformación dos produtos das rías galegas, múltiples ramas de actividade da cadea mar-industria que fan referente á comunidade neste eido tanto en Europa como no mundo. 

De aí o empeño da Administración en manter o bo facer deste sector e asegurar o seu futuro, sempre sumando esforzos e remando xuntos. Porque coidar o noso mar é coidar das persoas que viven del, polo que é necesario seguir traballando a prol da súa competitividade facendo fronte a retos como a necesaria incorporación de xente nova ao sector, a sustentabilidade ou a valorización dos peixes e mariscos tanto aquí como alén das nosas fronteiras.

Benvidas todas e todos a este espazo que pretende ser punto de encontro para todas as persoas vencelladas co mar, a aquelas que queren estalo nun futuro e para a cidadanía en xeral.

 

Biografía

Naceu no ano 1970. É licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela.

Entre 1996 e 2007 exerceu profesionalmente como veterinario. Ao mesmo tempo, entre 1995 e 2007 foi concelleiro no Concello de Cervo, ostentando responsabilidades de goberno desde 1999.

Desde 2007 ata xuño de 2023 foi alcalde de Cervo.

Desde 2011 ata 2023 foi tamén vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Desde xuño de 2023 é conselleiro do Mar. 

O Conselleiro
Alfonso Villares Bermúdez O Conselleiro